DeportesTenisÚltima hora

O capitán do CT Rúa, Diego Blanco, subcampión absoluto masculino do II Open Cidade de Ourense

 

Diego Blanco Reboredo, xogador e capitán do Club Tenis Rúa, vén de proclamarse subcampión absoluto masculino do II Open Cidade de Ourense disputado do 21 ao 28 de xullo no Club Santo Domingo.

 

 

Tal como explican dende o club rués, Diego derrotaba en primeira rolda a Gabriel González por 6-0/6-0, en cuartos de final a Alexandre Barreiro por 6-1/6-4 e en semifinais ao primeiro cabeza de serie do torneo, Borja Fernández, por 6-4/4-6/7-6, perdendo na final contra Iago Salvador por 6-4/6-1.

 

 

“Gran torneo o realizado por Diego tendo en conta que este torneo é o máis importante, tanto en premios como en participación, que se disputa en Ourense no ano 2026, sendo tamén clasificatorio para o Campionato de España”, indican dende do CT Rúa.

Fotos cedidas.

Back to top button