OurenseÚltima hora

O Carballo de Padroso (Xunqueira de Ambía) entra no Catálogo galego de árbores senlleiras

Con esta última incorporación, o catálogo suma xa no conxunto da Comunidade 205 elementos, entre árbores e formacións, pertencentes a 84 especies diferentes

Cedida.

 

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución pola que se inclúe no Catálogo galego de árbores senlleiras un exemplar de carballo (Quercus robur L.) localizado no lugar de Padroso, no concello de Xunqueira de Ambía.

Este exemplar, ademais de atoparse na franxa de protección dos Camiños de Santiago -Vía da Prata-, cobrou nos últimos anos un significado cultural especial ao converterse a festa que se celebra ao seu carón todas as primaveras nunha tradición en defensa deste carballo, das carballeiras en xeral e do medio ambiente de Galicia. Ademais, esta celebración vese enriquecida coas achegas de escritores, poetas, músicos, artistas e xentes da cultura que lle aportan unha dimensión especial a este evento. De feito, nos últimos anos mesmo se publicaron libros dedicados a este carballo.

O Catálogo galego de árbores senlleiras é un rexistro público de carácter administrativo en constante actualización, que foi obxecto de diversas actualizacións desde a súa creación en 2007. A inclusión neste catálogo pode ser solicitada polas persoas propietarias, as administracións, os centros de investigación ou as asociacións e entidades públicas ou privadas que teñan entre os seus fins a protección da natureza.

Neste catálogo son susceptibles de incluírse todas aquelas árbores e formacións merecentes de protección en atención ás excepcionais características do seu porte, proporcións, idade, rareza, significación histórica ou cultural, interese científico, educativo, estético, paisaxístico ou calquera outra circunstancia que as faga merecedoras dunha especial protección.

Na actualidade, o Catálogo galego de árbores senlleiras suma xa un total de 205 elementos (157 exemplares e 48 formacións arbóreas) pertencentes a 84 especies diferentes e coa seguinte distribución:

Back to top button