ConcellosO BarcoÚltima horaVídeos

O casco vello do Barco perde ao ganso femia que vivía na beira do Sil dende hai dez anos

 

Xa formaba parte da paisaxe do río Sil ao seu paso polo casco vello do Barco. Aparecía hai unha década e, dende entón, ou ben unha beira ou ben na outra, era habitual ver a unha femia de ganso, á que, despois se unía un macho desta especie.

Delas estaban pendentes os veciños en situacións como as riadas, nas que acostumaban resgardarse nunha das baixadas ao río, na confluencia das rúas San Roque e Real. E mesmo paseaban ás veces pola pasarela que conecta con Viloira, como un veciño máis.

 

A parella de gansos paseando pola pasarela, hai uns anos./ Foto: A.R.

 

 

Pero neste domingo, era a  propia veciñanza a que descubría que a femia desta parella amencía morta. Ao seu carón, movíase a súa parella, perdido, e rodeado por outros patos no río. Din os veciños que xa se deu aviso á Policía Local, para que se proceda a súa recollida. Sen dúbida, botarase de menos a esta ave que xa era, unha parte máis da vida na contorna da zona vella do Barco.

Vídeo cedido.

https://youtube.com/shorts/TQCFyF_jVIw?feature=share

Fotos O SIL

Artigos relacionados

Back to top button