CulturaCulturaÚltima horaVídeos

O Casino do Barco acolle a proxección do documental “Covas de Valdeorras”

 

Numerosas persoas asistían a partir das oito e media desta tarde no primeiro andar do Casino do Barco á proxección do documental “Covas de Valdeorras”, promovido pola Ruta do Viño desta denominación para divulgar a singularidade destas adegas soterredas e poñer en valor este patrimonio ligado á vitivinicultura valdeorresa.

 

 

Antes da proxección tiña lugar un acto presentado polo presidente do Casino do Barco, Pablo Dobao, que estaba acompañado polo presidente da Ruta do Viño de Valdeorras, Joaquín Sánchez, e polo presidente do Instituto de Estudios Valdeorreses, Aurelio Blanco Trincado. Doabo agradecía que a Ruta escollese o Casino para proxectar este filme, mentres que Sánchez explicaba a motivación que levaba a realizar este traballo e ademais poñía en valor á D.O. Valdeorras, lembrando que se trata da segunda denominación de orixe máis antiga de Galicia.

 

 

Finalmente, tomaba a palabra Aurelio Blanco, quen rendía homenaxe no seu discurso aos adegueiros valdeorreses e aos seus viños. Despois dábase paso á proxección.

Fotos: O SIL.

Back to top button