ConcellosGalerías de fotosO BarcoÚltima hora

O Casino do Barco celebra a Feira de Abril e inaugura a súa segunda planta

 

O animado e alegre ambiente da Feira de Abril recreábase nesta tarde de sábado 25 de abril no Casino do Barco, nunha celebración só para socios. A partir das 20:30h. comezaban a servirse diversas e saborosas tapas e bebidas típicas deste evento. Non faltaba tampouco un cortador de xamón e música propia desta feira.

 

 

Ademais este ano, a celebración da Feira do Abril nesta sociedade servía para inaugurar de xeito oficial a segunda planta do Casino, que deste xeito, vai recuperando espazos tras o fatídico incendio que tiña lugar en setembro do 2024.

Fotos: A.R.

 

 

Back to top button