O ambiente da Feira de Abril recreábase con éxito e moita participación na tarde deste 10 de maio no Casino do Barco a partir das 20h. Nesta celebración, só para socios, decorábase de xeito especial, con coloristas flores de papel, a planta da cafetería onde se servían variadas e saborosas tapas e bebidas típicas. Non faltaba tampouco un cortador de xamón e animación musical.

Numerosas persoas, algunhas ataviadas coa vestimenta propia da Feira de Abril, desfrutaban deste animado evento.
Fotos: Carlos G. Hervella.
