
Un outono máis, a nave do Toural acollerá o día 7 de novembro a partir das 20h. o tradicional Magosto do Castro Caldelas. Será unha celebración gastronómica na que poderá saborearse un menú a base de sopa de cocido, cocido, bica, sobremesas variadas, e, por suposto, castañas asadas, ademais de bebidas, café e chupitos.

A entrada terá un prezo de 25 euros, pero tamén haberá opción de menú Infantil (ata 10 anos) cun prezo de 10 euros.
O Magosto estará animado coa música do dúo “Oro Negro” e haberá barra libre e tamén sorte de regalos.
Fotos cedidas.
