Dende O Barco Centro Comercial Aberto (CCA) estréase este ano campaña con motivo do Día do Pai. Esta iniciativa “busca celebrar a figura paterna e a importancia dos lazos familiares e a través dela queremos fomentar as compras polo comercio local”, din dende esta entidade. Así neste 2026, a asociación Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco entregará un agasallo para festexar o Día do Pai.
A campaña terá lugar o mércores 18 de marzo en horario de 11:00 a 13:30 horas no stand do CCA que estará ubicado na Praza do Concello.
Para facerse co agasallo, é obrigatorio presentar un tícket de compra mínima de 5€ dalgún establecemento asociado ao CCA O Barco, con data do mesmo día.
Os tíckets de compra depositaranse nunha urna para participar nun sorteo de diferentes vales e agasallos, para invertir nos establecementos asociados. O sorteo realizarase na propia Praza do Concello o rematar a campaña.
