
A Asociación Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco vén de presentar a súa programación para este Nadal. Do 20 de decembro de 2025 ao 6 de xaneiro de 2026 achega multitude de propostas para dinamizar o comercio e a vila.
Así, o sábado 20 e domingo 21 en horario de 11:00 a 13:00 e de 17:00 a 19:00 horas estará instalada na Praza do Concello a Casiña de Papá Noel con trasgo, para que os máis pequenos lle entregen a súa carta e a depositen na caixa de correos.
O día 22 en horario de 11:30 a 13:30 e de 18:00 a 20:00 horas un tren turístico gratuíto percorrerá O Barco, desde o aparcamento da Avenida Conde Fenosa. Nese mesmo horario e nese mesmo lugar estará situada aí a casiña do Nadal con Papá Noel e un fotomatón para facerse fotos.
O día 23 en horario de 11:30 a 13:30 e de 18:00 a 20:00 horas volverá o tren para percorrer O Barco, pero desta volta sairá desde a Praza Maior. Nese mesmo horario estará alí a casiña do nadal con Papá Noel e un fotomatón para facerse fotos tamén neste zona do casco vello.
O mércores día 24 en horario de 11:30 a 13:30 horas volverá estar Papá Noel xunto con Mickey e Minnie para a recollida das cartas de última hora, nesta ocasión na Praza do Concello e de novo o tren volverá percorrer as rúas do Barco nese horario e con saída da Praza do Concello.
Entre todas as cartas sortearase un vale de compra por valor de 100 euros para investir nos comercios asociados.
Tamén haberá actividades para os nenos, que serán as seguintes:
-Día 26 de decembro de 17:00 a 19:00 horas, terá lugar unha sesión de cinema no Viveiro de empresas (sede do CCA) para nenos a partir de 4 anos. Máximo para 25 nenos.
-Día 29 de decembro de 17:00 a 19:00 horas, taller de primeiros auxilios en situacións de emerxencia impartido por Xestión Medico de Galicia no Viveiro de Empresas. Nenos a partir de 5 anos.
-Día 30 de decembro de 17:00 a 19:00 horas, taller de debuxo impartido por Orde Caos no Viveiro de empresa. Nenos a partir de 10 anos.
Para participar necesítase unha inscrición previa que irá acompañada dun tícket de compra dun dos comercios asociados superior a 10 euros.
As inscricións están abertas están desde o día 15 ata o día 19 de decembro e realizaranse no Viveiro de empresas na Avenida de Galicia, 32 en horario de 09:00 a 14:00 horas. As prazas son limitadas.
Por outra banda, os obradoiros de primeiros auxilios e de debuxo impartiranse noutras datas no Casino do Barco para os nenos fillos ou netos dos seus asociados.
Tamén se sortearán catro cestas de Nadal, con artigos, produtos e vales de compra doados polos comercios asociados. Desde o día uno de decembro e ata o día 6 de xaneiro os clientes cubrisen os seus tíckets de compra co seu nome, apelidos e número de teléfono; quedarán gardados no comercio que fixesen a súa compra e serán levados á urna do Centro Comercial Aberto (CCA).
Todos os agasallos doados están expostos ao público no escaparate da antiga Librería Murciego. Tamén haberá un concurso de escaparates para todos os establecementos asociados que se inscriban previamente. O xurado serán membros do Concello. Contará con 2 categorías unha de decoración cun premio e outra resto de tiendas con 3 premios.