
Un ano máis e avalado polo éxito de convocatoria das anteriores edicións, cada vez con máis participantes e máis nivel, o Centro de Deportes Barco abre as inscricións do Torneo de Fútbol 7 ‘Valdeorras Perullo Cup’ que se celebrará do 10 a0 14 de xuño, unha semana máis tarde que o ano pasado, coma sempre no Campiño de Viloira.
Trátase dun campionato no que á parte dos clubs propiamente ditos, participan equipos formados por amigos e xente afín, para as categorías Prebenxamín, Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete e Xuvenil.
O torneo conta coa colaboración de Ocio y Deporte Valdeorras, da Deputación de Ourense e do Concello do Barco e coma sempre haberá premios para os catro primeiros clasificados e tamén trofeo para o mellor xogador e porteiro de cada categoría.
As inscricións poden facerse en Peluquería Nilo (WhatsApp: 667 40 43 30) e no teléfono de Agustín (WhatsApp: 680 46 15 28).
