Cun marcador de 2 a 0 remataba o partido amigable de pretempada que o CD Barco desputaba a partir das oito desta tarde de 14 de agosto no estadio de Calabagueiros. O equipo escollía para o encontro unha aliñación formada por Alberto (Ps), Vilachá, Oca, Konaté, Álex, Eric, Carlos Cruz, Juanma, Óscar Cruz, Sidibé e Ariel, figurando como suplentes Juanto (Ps), Rubén Darío, Cuña, Jardón, Óscar Martin, Manu, Brian, Javi Pazo, Brian B e Ander.
Ata en dúas ocasións o CD Barco lograba superar a portería lucense marcando gol. Eses dous tantos viñan da man de Brian e Javi Pazos.
“Excelente resultado e boas sensacións para o cadro adestrado por Lino Estévez no seu enfrontamento de preparación diante dun rival de categoría superior. O equipo segue a súa rodaxe e está a trazar unha liña satisfactoria”, destaca nas súas redes sociais CD Barco. Esta é a terceira vitoria que suma o conxunto barquense no que vai de pretemada.
De maneira similar se manifesta o seu presidente, Nilo Ramos. “Rematamos con moi bo sabor de bpoca, sendo bastante superiores en moitas fases do partido. Ante un rival que está arriba”.
Entre os xogadores do Lugo B que se medían co CD Barco estaba Héctor González, fillo de Raúl, ex xogador do Real Madrid.
Fotos: O SIL.

