CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

O CD Barco “B” volve vencer ao Soutopenedo CF e ascende a Segunda Futgal

 

Partía como favorito e non defraudou. Trala vitoria 1-3 conseguida no campo do Corgo no partido de ida da final do play off de ascenso, o CD Barco “B” saía con vantaxe ao terreo de xogo en casa, no campo municipal de Calabagueiros, no partido de volta e ratificaba o merecido ascenso cunha nova vitoria, 3-0.

 

 

Na tarde deste caluroso sábado 20 de xuño, os de Ricardo Prada abrían o marcador da no minuto 7, co gol de Ayoub e antes de rematar a primeira parte, Miguel transformaba un penalti poñendo o 2-0 no marcador. Tralo paso polo vestiario, no minuto 97 Vega sentenciaba o encontro co terceiro gol local.

 

 

Con este resultado o filial do Barco sela unha estupenda tempada, na que se mantivo en cabeza sen perder ritmo e gañando con todas as da ley a loita polo ascenso no seu segundo ano de vida.

Como di nas camisetas que lucían tralo partido, o CD Barco “B” é un equipo de “Segunda Regional”. Noraboa!

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella e cedidas.

 

Back to top button