Non pudo ser. Na tarde deste domingo 14 de setembro o CD Barco xogaba o primeiro partido do seu regreso á Terceira Federación en casa, no Campo Municipal de Calabagueiros e malia correr, pelexar e intentar dar unha alegría á afección o Día do Cristo, non o lograba e caía pola mínima ante o Viveiro CF.
Trala derrota 2-0 no Estadio Verónica Boquete ante o Compostela no primeiro partido de liga, os de Lino Estévez saltaban hoxe ao terreo de xogo dispostos a sumar os primeiros tres puntos da campaña, pero malia intentalo unha e outra vez, os intentos non fructificaban e rozando o descanso, xa no 45′ eran os lucenses os que abrían o marcador.


Xa non houbo máis goles e co 0-1 remataba o partido de fútbol das Festas do Cristo, pechando tamén a clasificación. A seguinte cita para os vermellos será de novo en casa, ante o Boiro, tamén na zona baixa da táboa.



Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.