Era cuestión de tempo. Tras unha primeira volta complicada o CD Barco recuperaba pouco a pouco os bos resultados e con eles a ilusión, sumando xa a terceira vitoria consecutiva.

Facíao no campo Valiño-Cabo de Cruz ante o CD Boiro ao que vencía pola mínima grazas ao gol de Sidibé. Nese partido tamén debutaba o novo xogador do club vermello, Jesús Beas. Unha semana antes O Barco vencía 0-2 en Viveiro (goles de Sidibé e Ariel) e na anterior noqueaba ao líder, o Compostela, 2-0 en Calabagueiros (goles de Rabil).

A seguinte cita, de novo en casa contra o CJ Cambados será moi especial. En lugar de domingo será o sábado, 14 de febreiro, coincidindo co Día se San Valentín e en pleno Entroido, polo que a directiva convida á afección a asistir disfrazado “e a primeira por conta do club”; e tamén a ser “romántico e trae a túa dona, noiva ou amante gratis ao partido e demóstralle a túa paixón”. Triple celebración nun día especial no campo municipal de Calabagueiros.

Fotos: Sandra García.