
Unha tempada máis a directiva do Centro de Deportes Barco mantén a súa xa tradición de agasallar a afección cunha merenda nos partidos da casa.
Hai quince días, en plena tempada de castañas, celebraba o magosto no descanso do CD Barco-Alondras CF e na vindeira xornada no pavillón municipal de Calabagueiros convidará a todos os asistentes a unha chourizada de balde.
Será o vindeiro domingo 16 de novembro no descanso do partido entre o CD Barco e o Racing Vilalbés que comezará ás 17 horas.
