CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

O CD Barco decreta “Día do Socio” o último partido da tempada na casa, contra a UD Somozas

Será este domingo 3 de maio ás 18 horas con dúas entradas de balde con cada abono

Ambiente en Calabagueiros./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Na recta final da tempada o CD Barco roza coa punta dos dedos os postos de promoción, de aí que queira celebralo, unha vez máis coa afección que sempre o apoiou. Así, a directiva decidía decretar “Día do Socio” o partido deste domingo 3 de maio ás 18 horas ante a UD Somozas, ofrecendo dúas entradas de balde por cada abono.

O club pretende así “devolver todo o apoio demostrado ao longo do ano”, no que probablemente sexa o encontro máis importante do ano posto que o play off está a tan só un partido. “Tratase de crear un ambiente único e máxico no último partido de liga”, di o presidente, Nilo Ramos, asegurando que o obxectivo principal está cumprido con creces dende hai semanas. “Todo o que poida chegar a maiores é para nós un premio a unha tempada sublime no retorno á categoría”, di.

 

Back to top button