
“As homenaxes é mellor facelas en vida”, asegura o presidente do CD Barco, Nilo Ramos, adiantando o recoñecemento que o vindeiro domingo 7 de decembro lle farán a un dos seus afeccionados máis destacado.

Juan Luis Méndez López “Juanín, o eterno masaxista”, fará o saque de honra do partido entre o CD Barco e Atlético Arteixo que comezará ás 17 horas no campo municipal de Calabagueiros recibindo un obsequio do club “por toda unha vida adicada ao Barco”, dentro e fóra do campo.
