CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

O CD Barco lembrará a Miguel Fariñas no X memorial, en Calabagueiros ante o CD Lugo B

Será este sábado 23 de agosto a partir das 20 horas

 

Unha semana despois do inicio do incendio que afectou a toda a comarca de Valdeorras, a sociedade vai pouco a pouco volvendo á normalidade.

No apartado deportivo, tras suspender a actividade durante días en solidariedade cos afectados polo lume, o Centro de Deportes Barco celebrará este sábado, 23 de agosto, a X edición do Memorial Miguel Fariñas. Será ás 20 horas no campo municipal de Calabagueiros fronte ao filial do CD Lugo.

 

 

Dende o club lembran que malia ter os carteis xa impresos cos prezos, “a entrada será gratuíta”. Tamén amplian o desconto de 10 euros da retirada de carné ata o 30 de agosto “xa que estes días moitos establecementos estiveron pechados polos incendios”.

Con respecto á campaña de socios, o presidente do club asegura que segue aberta e están chegando aos 1.100. “Unha cifra nunca antes alcanzada á que cremos que chegaremos estes días”, di Nilo Ramos, contento pola venda de camisetas que segue a un ritmo trepidante, sobre todo a segunda equipación “que se leva a palma con moita diferenza. En total unhas 680 vendidas en 20 días”, di Ramos.

 

Back to top button