CD BarcoDeportesFútbolÚltima horaVídeos

O CD Barco ofrece a súa nova equipación a Santa Rita, nun acto na igrexa que leva o seu nome

Xogadores de directivos facían esta ofrenda, colocando camisetas xunto á súa figura, na misa dominical do Barco

 

Xunto á imaxe de Santa Rita, na igrexa que leva o seu nome na vila barquense, o CD Barco ofrecía a súa nova equipación para esta tempada a esta santa, nunha ofrenda moi especial que tiña lugar na misa deste domingo, pasadas as 12:30h. O párroco barquense, Jesús Álvarez, lembraba que o pasado ano o equipo decidía colocar a figura de Xesús Nazareno nas súas camisetas, desta volta, é a imaxe de Santa Rita.

 

 

Nese momento entraban no templo, entre aplausos os xogadores e directivos deste conxunto deportivo, para dirixirse ao altar, coas camisetas da súa equipación.

 

 

A continuación, colocaban esa equipación á beira da Santa, nun acto no que o presidente do club, Nilo Ramos, agradecía a invitación da parroquia e desexaba que este “sexa un ano cheo de ilusión e de saúde para todos os afeccionados e á xente de Valdeorras”.

Fotos: A.R.

 

Back to top button