Seguen chegando as mostras de solidariedade e apoio aos afectados polos terribles incendios que asolaron xa boa parte da provincia de Ourense, desta volta, dende o ámbito deportivo.

A UD Ourense organiza un cuadrangular benéfico en favor das localidades da provincia afectadas polos graves incendios forestais que se celebrará no Estadio do Couto en setembro coa participación do CD Barco, CD Arenteiro, Verín CF e o Ourense e que donará a recadación íntegra da taquilla.
Dende a UD Ourense agradecen a “predisposición dos veciños Arenteiro para participar dende o primeiro momento, así como, e de forma especial, ao Barco e ao Verín representando a dúas das comarcas máis castigadas polos lumes”.