CD BarcoDeportesFútbolÚltima horaVídeos

O CD Barco pon en marcha a tempada do 50º aniversario

O conxunto vermello comezaba onte os adestramentos trala presentación oficial do plantel

 

Na tarde do martes 2 de agosto o Centro de Deportes Barco comezaba oficialmente o proxecto  2022-2023. E facíao coma sempre coa presentación oficial que a directiva, con Nilo Ramos á cabeza, facía do novo equipo no campo municipal de Calabagueiros.

Foi un acto sinxelo no que Nilo daba a benvida aos novos xogadores (Josué Castro, Jaime Almagro, Jorge Cortés, Konaté, Jesús Barbeito, Júnior,…) adiantando que será un ano complicado que supón “un cambio de ciclo”. Na mente de Nilo Ramos estaban as baixas de xogadores moi queridos para o club e para a afección como Ivi Vales ou David Gonzalez que levaban sete tempadas no Barco. “Son decisións duras que houbo que tomar pero a idade non perdoa e agora apostamos pola xuventude, as ganas de facelo ben e intentar subir”, dixo, engadindo que aínda faltaban compañeiros por chegar.

 

Os novos xogadores do CD Barco. / Foto: Sandra García.

 

O tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Aurentino Alonso, pola súa banda pedía disculpas polo estado do campo. “Trátase dun obra grande e o céspede levantouse en maio pero veu esa onda de máis de 40º e aínda non deu recuperado”, dixo dando tamén a benvida aos rapaces e desexándolles moita sorte para a tempada na que o club cumprirá 50 anos.

De seguido, o equipo poñíase ás ordes do corpo técnico con Javier Rey de novo á fronte, no primeiro adestramento oficial da pretempada.

Máis información na edición de agosto de O SIL Deportivo en papel.

 

Artigos relacionados

Back to top button