CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

O CD Barco ten cancelada toda a actividade que se realice na comarca “ata que a situación mellore”

O CD Barco na presentación do equipo a comezos de agosto./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Os efectos do incendio chegan, irremediablemente, a todos os ámbitos incluído o deportivo. Por iso, o pasado venres día 15 de agosto, dende o Centro de Deportes Barco tomaban a decisión de suspender toda a actividade dos diferentes equipos, tanto partidos de pretempada que se xoguen na comarca (ata que a situación mellore), coma os adestramentos.

“Xa no só polo fume que cubre o noso val, senón por respecto, solidariedade e cariño a todas esas persoas que están sendo afectadas e que perderon gran parte da súa vida a causa das voraces chamas”, din dende o CD Barco, poñéndose a disposición de “calquera persoa que necesite a nosa axuda”.

 

Back to top button