CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

O CD Barco vence en casa ao filial do Pontevedra CF e sube ata o 2º posto da táboa

O gol de Diego Santín preto xa do final poñía o 1-0 no marcador do campo municipal de Calabagueiros

 

No minuto 84 de partido, preto xa do final, o gol de Diego Santín daba a vitoria ao CD Barco, a terceira en cinco partidos de liga na Terceira Futgal, en casa ante o Pontevedra CF “B”.

 

 

Na tarde deste domingo 4 de outubro, os rapazes de Agustín Ruíz disputaban un reñido partido no campo municipal de Calabagueiros ante o filial do Pontevedra (que protagonizaba xogadas máis que cuestionadas pola afección), con varias oportunidades para O Barco que non chegaban a bo porto grazas en boa medida ao porteiro. O mesmo sucedía no cadro local co gardameta Hugo intervindo afortunadamente en máis dunha ocasión.

 

 

Cun contino toma e daca a primeira parte resolvíase a ceros no marcador e xa na segunda a piques de rematar o xogador do Barco que entraba por Sidibé marcaba o gol da vitoria situando ao equipo no segundo posto da clasificación. O seguinte partido será no campo do Antela.

 

 

Fotos: Mónica G. Bellver.

Back to top button