DeportesFútbolÚltima horaVídeos

O CD Córgomo Vilamartín gana con autoridade ao Francelos FC e mantén o liderato na 1ª Futgal

Co 4-1 remataba o partido disputado na tarde deste domingo 22 de novembro no campo do Bañadoiro

 

A xulgar polo resultado, 4-1, podería parecer un partido doado para o CD Córgomo Vilamartín (líder da clasificación en Primeira Futgal), o disputado na tarde deste domingo 22 de novembro na casa, no campo municipal do Bañadoiro ante o Francelos FC (noveno) que lle plantou cara, polo menos durante a primeira parte.

 

 

De feito os goles tardaban, chegando ao descanso con táboas no marcador. Emmanuel adiantaba aos verdibrancos no minuto 40 e no 45′ anotaban os visitantes. A segunda parte xa foi outra historia e malia ter que correr, o conxunto local facía valer a súa superioridade e acerto de cara á portería. Ao pouco de empezar (minuto 53) Peke marcaba o segundo local nunha bonita xogada con pase de Ivi Vales e pouco despois, Oussey marcaba o terceiro para o Córgomo (minuto 68). Con todo era Sylla quen sentenciaba o encontro ao transformar un penalti no minuto 73.

 

 

Co 4-1 final e malia o empate a uns en Eiroás ante o Rayo 21, o CD Córgomo Vilamartín mantense no alto da clasificación, líder con 30 puntos. Na seguinte xornada os valdeorreses volverán xogar en casa ante o Loñoá CF.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Back to top button