DeportesFútbolÚltima hora

O CD Córgomo Vilamartín non perdoa e logra a cuarta vitoria consecutiva

Vencía 4-1 ao Sporting Carballiño no campo municipal do Bañadoiro

 

Catro de catro. Imparable comezo de tempara para o CD Córgomo Vilamartín que na mañá deste domingo 27 de setembro sumaba a cuarta vitoria consecutiva, desta volta no campo municipal do Bañadoiro, ante o Sporting Carballiño.

Tras vencer 1-2 ao SD Nogueira de Ramuín, os valeorreses saltaban ao terreo de xgo dispostos a sumar tres puntos e máis e facíano, protagonizando un intenso e apaixoante partido no que remontaban un resultado negativo co primeiro gol rival xa no minuto 3. A partir de aí, movidos por unha forza imparable, chegaban os goles locais. Sylla empataba no minuto 10 e Íker poñía o 2-1 no 14′, chegando ao descanso xa coa vantaxe local.

 

 

Na segunda metade, os rapaces de Jorge Merayo seguían atacando, en varias ocasións acosados pola defensa visitante, que non lograba impedir o gol de David Álvarez no minuto 54 e a sentencia de Ivi Vales no 71.

Co 4-1 final o CD Córgomo Vilamartín suma 12 puntos e lidera en solitario a clasificación no grupo 4 da Primeira Futgal. O seguinte partido será no campo de San Rosendo contra o Sporting Celanova, segundo clasificado con 10 puntos.

 

 

Fotos: Mónica G. Bellver.

Back to top button