DeportesFútbolÚltima horaVídeos

O CD Córgomo Vilamartín remata a liga no 2º posto e prepárase para o play off de ascenso a Preferente

No último partido empataba a ceros en casa contra o Polígono San Cibrao

 

Na tarde do domingo 17 de maio o CD Córgomo Vilamartín remataba a liga no grupo 4 da Primeira Futgal con empate a ceros no campo do Bañadoiro ante o Polígono San Cibrao.

 

 

Un partido de trámite pois tiña asegurado xa o segundo posto na clasificación e o pase para pelexar polo ascenso a Preferente nos play off xunto ao Atlético Carballiño, terceiro clasificado. O campión do grupo e xa ascendido é o Verín CF.

 

CD Córgomo Vilamartín.
Polígono San Cibrao.

 

Con 71 puntos en 34 xornadas, o Córgomo remata unha liga case perfecta (21 vitorias, 8 empates e 5 derrotas), que redondearía logrando o ascenso. Ganas e ilusión non lles faltan aos de Iván González e seguro que esforzo e traballo tampouco.

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

Back to top button