Nova vitoria para o CD Córgomo Vilamartín que non cede, situándose a só dous puntos do líder. Nesta ocasión os verdibrancos gañaban en casa, no campo do Bañadoiro, ao Monterrei CF por un axustado 4-3 nun intenso e gran partido disputado na soleada tarde deste domingo 22 de febreiro, cunha gran entrada.
Eran os visitantes os que se adiantaban no marcador co primiero gol nada máis comezar o partido, tendo que sufrir a esperar ata o minuto 44 cando Perrini empataba o partido. El mesmo marcaba o segundo tanto local chegando ao descanso co 2-1.

Tralo paso polo vestiario, no minuto 47 Derrick aumentaba a diferenza co terceiro gol valdeorrés e Deivis poñía o 4-1 no minuto 64. Con todo, os visitantes transformaban nun penalti no minuto 74 e no 77′ volvían marcar ata o 4-3 final.
O seguinte partido para os de Iván González será precisamente no José Arjiz, campo do líder, o Verín CF, clave para alzarse co liderato.
Fotos: Mónica G. Bellver.