Na tarde deste frío sábado 20 de decembro o CD Córgomo Vilamartín sumaba no campo do Bañadoiro tres importantes puntos en casa trala vitoria 2-1 á SD Nogueira de Ramuín, no grupo 4 de Primeira Futgal.
Eran os locais os que se adiantaban no marcador co gol de Dani ao transformar un penalti aínda que minutos despois, pouco antes de rematar a primeira parte, os visitantes empataban.
Tralo paso polo vestiario os de Iván González seguían pelexando por levarse o partido e os tres puntos en xogo. Obxectivo que lograban co segundo gol, obra de Deivis.
O fútbol descansa ata despois do Nadal. O seguinte partido para os verdibrancos será xa en xaneiro no campo do Polígono San Cibrao, pechando a primeira volta.

Fotos: Mónica G. Bellver.