Na última fin de semana de agosto comezaba a nova tempada de fútbol afeccionado coa fase previa da Copa Deputación de Ourense.
No caso do CD Córgomo Vilamartín de Primeira Futgal enfrontábase á UD Barbadás de Preferente na tarde deste domingo día 30, no campo do Bañadoiro, nun partido con claro dominio dos locais que vencían 2-0 clasificándose para a seguinte rolda.
Álex Domínguez marcaba no minuto 13, na primeira parte; e David Álvarez, unha das fichaxes deste ano, poñía o segundo tanto no minuto 62, xa na segunda metade.
Nesta primeira rolda da Copa Deputación tamén se clasificaban o CD Rúa (vencía 3-6 ao Molgas); e o CD Barco “B” (vencía 3-6 ao Cea). Pola súa banda, quedaban descalificados o CD Trives (perdía 0-6 ante o Moreiras) e o CD Viana (perdía nos penaltis tras o empate a ceros co Cartelle).

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.