Intensa, fría e divertida xornada de fútbol base a celebrada neste sábado 27 de decembro no I Memorial Juan Enrique Guntiñas, celebrado no Campiño de Viloira da man do Centro de Deportes Barco para as categorías benxamín, alevín e infantil.
A idea inicial era celebralo no mes de setembro para dar o pistoletazo de saída á nova tempada, pero adiantouse e quedaron sen tempo polo que decidían aproveitar o parón de Nadal e facelo nunha única xornada.
Así, pola mañá xogaban os benxamíns e os alevíns do Barco e do Rúa; e pola tarde era a quenda dos infantís nun cuadrangular con cos dous equipos do CD Rúa, o do CD Barco e o do CD Trives. Os campións infantís eran os rapaces do CD Rúa A; os subcampións os do CD Barco; os terceiros clasificados os do Rúa B e os cuartos os do CD Trives.
Fotos: Mónica G. Bellver e cedidas.