Cun contundente 3-0 se resolvía o partido disputado na tarde deste domingo 9 de outubro no campo Vicente Solarat López entre o CD Rúa e o Piñeira Seca.
Os locais adiantábanse no marcador no minuto 20 grazas ao gol de Samuel e no 31′ Adrián aumentaba distancias poñendo o 2-0. Chegaba así o tempo de descanso e nada máis comezar o segundo tempo Samuel volvía marcar (minuto 47), sentenciando o encontro.
Con este resultado os rapaces de Javier Ferrer suman a segunda vitoria da tempada, situándose no posto 8º da Segunda Galicia. A seguinte cita será no campo do Rocas CF.
Fotos: Mónica G. Bellver.