CD RúaDeportesFútbolÚltima horaVídeos

O CD Rúa pecha a tempada impoñéndose 6-3 ao Paderne

Hugo foi o gran protagonista da tarde marcando 4 goles

 

O CD Rúa pechaba a tempada na tarde deste domingo 17 de maio (Día das Letras Galegas) en casa, no campo Vicente Solarat Maceda, cunha contundente vitoria (6-3) ante o Paderne que o sitúa no posto 11 da Segunda Futgal Ourense.

 

 

Era Hugo quen adiantaba aos locais xa no minuto 8 aínda que pouco despois, no 16′ empataban os do Paderne. O Rúa volvía atacar e Azael marcaba o segundo para o Rúa no minuto 32 mentres Hugo poñía o terceiro no 36′.

 

 

Co 3-1 chegaba o descanso e tralo paso polo vestiario os visitantes saían ao terreo de xogo con enerxías renovadas marcando dous goles case seguidos, no 51′ e no 53′ aos que respondía Hugo marcando o seu terceiro gol no minuto 55. Mateo poñía o 5-3 no minuto 65 e Hugo volvía marcar no 78 sentenciando o encontro co 6-3 final.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

 

 

Back to top button