Tres de tres. Frouxo comezo de tempada para o CD Rúa que perdía os tres partidos disputados no que vai de liga en Segunda Futgal.
Os de Javi Ferrer comezaban a nova campaña perdendo 1-3 en casa ante o Atlético Vilariño; unha semana despois caían 4-2 no campo do CD Moreiras; e na tarde deste domingo 21 de setembro volvían perder en casa, mesta ocasión pola mínima (0-1) ante o Seixalbo.
Con este resultado o Rúa sitúase nos postos baixos da clasificación. Na seguinte xornada viaxarán ata O Carballiño para enfrontarse ao filial do CD Arenteiro no campo da Uceira.

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.