Penaltis, expulsións e moitas tarxetas. Un pouco de todo como en botica podía ver o público que na mañá deste xoves 19 de marzo, Día do Pai, asistía ao partido de oitavos de final da Copa Deputación de Ourense, que se disputaba no campo rués Vicente Solarat Maceda entre o CD Rúa e o CD Maceda e que se resolvía co 0-3 en contra dos locais que quedaban eliminados.
Tras unha primeira parte bastante igualada para ambos equipos, rozando o descanso o colexiado pitaba un penalti a favor do Maceda que o cambiaba todo. Co 0-1 chegaba o descanso e tralo paso polo vestiario e cun xogador menos (Hermida era expulsado por doble tarxeta amarela, ademais do míster e do delegado) o conxunto o conxunto amarelo foi decaendo ata encaixar o segundo gol minuto 60 e o terceiro no 78′ quedando o partido sentenciado e o Maceda clasificado para cuartos de final.

O Rúa remata aquí a súa intervención nesta edición da Copa na que continúa o conxunto veciño, o CD Córgomo Vilamartín tras derrotar 0-4 ao CD Vilar de Barrio.

Fotos: Mónica G. Bellver e cedidas.
Vídeo cedido.