Este está sendo o ano do CD Rúa. Tras proclamarse campión de liga no seu grupo e lograr o ascenso directo a Primeira Galicia, está inmerso na disputa da Copa Deputación.
O partido de oitavos de final ante o Sporting Celanova disputábase na tarde deste mércores 17 de maio, Día das Letra Galegas, resolvéndose coa vitoria local pola mínima (gol de Bruno no minuto 612), pero antes, o equipo recibía a Copa de campión de Segunda Galicia G3 da tempada 2022/2023.

Pouco antes das seis da tarde, os xogadores da base do Rúa e os do equipo rival facían o pasillo aos do sénior rumbo ao terreo de xogo, no campo rues Vicente Solarat Maceda. Alí, antes de que o colexiado pitase o inicio do encontro, o delegado en Ourense da Federación Galega de Fútbol Raúl Rois entregaba a Juan García Mondelo a Copa, rodeado polo resto de xogadores, directivos e e afección.

Unha hora despois o equipo era recibido polo alcalde nas depedencias do Concello.
Fotos: Mónica G. Bellver.
Vídeo: Verónica Vieira Gonzalez/ Por las Ramas Estudio.