CD RúaCD TrivesDeportesFútbolÚltima hora

O CD Trives saca unha camiseta reivindicativa contra o lume

 

CD Trives./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Valdeorras e antes Terras de Trives, son dúas das comarcas ourensás afectadas pola vaga de incendios que arrasou a provincia neste mes de agosto.

A zona de Manzaneda, toda a serra e a Estación de Montaña  onde o CD Trives estaba a preparar a pretempada quedou destruída polas chamas e dende o club trivés solidarízanse cos afectados sacando unha camiseta reivindicativa coa mensaxe “nunhca máis” que amosaban na tarde deste domingo 31 de agosto no campo de fútbol Vicente Solarat López, antes de enfrontarse ao CD Rúa no primeiro partido da Copa Deputación.

Back to top button