Continúan os bos resultados para o CD Trives que unha semana máis mantén a varios dos seus equipos invictos e líderes de grupo.
Con respecto á base, na fin de semana do 3 e 4 de outubro, o Benxamín Futsal, líder e invicto, vencía 9-1 ao Concello de Coles cos goles de Izan (4), Martín Hervella (2), Marco Vázquez, Roi e 1 en propia porta. O Alevín F-7, tamén líder e invicto, goleaba 16-2 ao Rayo 21 CF. E o Cadete, cuarto clasificado, tamén vencía, 10-5, ao CDC Pereiro de Aguiar cos goles de Ricardo (3), Antón (3), Aritz (2), Pablo e 1 propia porta. O equipo Infantil, terceiro clasificado, descansaba.

No que respecta ao equipo Sénior que compite na Terceira Futgal, tamén gañaba o seu partido en casa, no reformado campo do Agro, 2-0 ao CD Palmés grazas aos goles de Anyelo. Segue líder e invicto.
Fotos cedidas.
