CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O CEIP Bibei de Viana do Bolo, entre os finalistas do concurso “Ciberseguridade no cole!”

A final disputarase mañá na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela

 

Seis colexios disputarán mañá, na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, a final da VI edición do concurso “Ciberseguridade no cole!”, organizado por Telefónica para fomentar a cultura de ciberseguridade entre o alumnado galego, no marco do VI Encontro Ciber.gal.

O certame, dirixido a alumnos de entre 10 e 14 anos, contempla dúas categorías, a de Primaria, na que se clasificaron o CPR Os Salgueiros (Pontevedra), o CPR Santo Pío X (Ourense) e o CEIP Bibei (Viana do Bolo); e a de Secundaria, na que competirán o CPR A Mercé (Sarria), o IES Plurilingüe Rafael Dieste (A Coruña) e o CPR Plurilingüe Calasancias (A Coruña), tras superar a primeira fase de clasificación en liña.

A dinámica da proba final será de preguntas e respostas contrarreloxo. Por cada categoría, formarase un único equipo de seis integrantes con dous alumnos de cada colexio finalista. Cada equipo deberá resolver, de xeito conxunto e colaborativa, o ciber reto que lles exporá a organización, respondendo para iso, de forma consensuada, a 6 preguntas que lles permitirán descifralo. Como axuda, contarán con dúas comodines, o do público, que dispoñerá de cartolinas de cores nos seus asentos para xestionalo, e o dos profesores.

O traballo colaborativo será a base para completar con éxito cada misión e lograr en equipo os premios establecidos, en función do nivel de resolución da proba -formativos, didácticos e relacionados coa ciberseguridade-.

Entrega de premios

Os tres colexios que forman equipo en cada categoría (Primaria e Secundaria) levaranse o mesmo premio final, que será entregado por Damián Rey, director de la Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega); o director da área de Infraestruturas e Seguridade do organismo, Adrián Lence; e o xefe de subárea de Seguridade, Gustavo Herva, ao finalizar o encontro, que será clausurado pola directora de Telefónica en Galicia, Paula Beirán.

Ao evento asistirán tamén os colexios CPR Plurilingüe Bayón (Ribeira) e CPR Plurilingüe Losada (Vigo), gañadores da I edición de Debuxando no cole!, unha nova iniciativa para achegar, a través da expresión artística, os conceptos da ciberseguridade tamén aos alumnos de 3º e 4º de Primaria. Este ano estreouse poñendo o foco nas “Profesións da ciberseguridade”.

Ciberseguridade no cole!

Desde a súa posta en marcha en 2021, preto de 25.500 alumnos participaron xa en “Ciberseguridade no cole!”, convertendo o concurso nunha referencia para impulsar en Galicia, de forma práctica e lúdica, unha cultura da ciberseguridade no ámbito escolar.

Con esta iniciativa, dirixida a alumnos de 5º e 6º de Primaria e de 1º e 2º da ESO, Telefónica, decidida a ser la mellor vía de acceso dos cidadáns ás tecnoloxías dixitais, mostra o seu compromiso social e cultural máis aló do negocio, concienciando aos máis novos no uso seguro da tecnoloxía.

Nesta sexta edición participaron máis de 4.500 alumnos de 167 clases, pertencentes a 65 colexios, para aprender boas prácticas con las que facer fronte aos riscos que entraña actualmente o uso dos medios dixitais.

Back to top button