CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O CEIP Condesa de Fenosa do Barco inicia o curso co servizo de comedor dende o primeiro día

 

Tras un verán que se lles fixo longo a moitos, nerviosos pero tamén ilusionados por reencontrarse cos amigos e compañeiros, os alumnos do CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa do Barco de Valdeorras, volvían ás clases na mañá deste luns 8 de setembro.

Un ano máis o curso comezaba co servizo de comedor xa dende o primeiro día. Os que fagan uso del hoxe terán para comer ensalada mixta, espaguetes con carne e pera.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Back to top button