CulturaCulturaEducaciónÚltima horaVídeos

O CEIP Julio Gurriarán do Barco despide ao alumnado de 6º de Primaria cunha bonita festa de graduación

 

Onte eran os de Educación Infantil e hoxe tocáballe a quenda ao de 6º de Primaria. Entre alegría, emoción, apertas, moitos agradecementos, agasallos, música e algunha que outra bágoa, se desenvolvía a festa de graduación coa que o CEIP Julio Gurriarán Canalejas do Barco de Valdeorras, despedía na mañá deste mércores 18 de xuño ao alumnado que deixa este ano o centro.

 

 

Tras nove anos no CEIP, primeiro en Educación Infantil e despois en Primaria, os preto de corenta cativos distribuídos en dúas aulas (A co titor Raúl e B con Maricarmen) comezan no vindeiro curso unha nova etapa, a da ESO, xa no Instituto. Por iso, dende o Julio Gurriarán quixeron despedilos ao grande e por todo o alto, cun acto no que foron os protagonistas e no que non faltou detalle.

 

 

Nun pavillón exquisitamente decorado, os pequenos eran recibidos polos familiares e profesores. Despois proxecaban un vídeo do seu paso polo centro e tamén cos proxectos de futuro, antes de dar paso aos agradecementos, tanto por parte dos alumnos como dos titores e mesmo da directora, María Luz Moldes que fixo ás veces de presentadora.

O acto central era a entrega de diplomas e agasallos cedidos pola ANPA Aturuxo, pero non faltou a música, da man de Lúa que interpretou en directo unha fermosa canción en inglés, nin as fotos cos familiares, nin tampouco unha petiscada, co mensaxe cheos de optimismo e os mellores desexos para o futuro.

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

Back to top button