CulturaCulturaEducaciónEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

O CEIP Manzaneda festexa o seu medio século de actividade educativa con multitude de actos

 

As aulas do CEIP Manzaneda abríase este 10 de maio ao público, ao seu alumnado e profesorado actual e pasado, engalanado para celebrar unha efemérede moi especial: o seu 50 aniversario como centro de ensino. Era unha celebración cargada de sorpresas, emocións, multitude de recordos e experiencias compartidas, pero tamén de música e teatro.

 

 

Entre os numerosos asistentes á celebración, estaban o alcalde de Manzaneda, Amable Fernández, que foi alumno dunha das primeiras promocións do colexio; o deputado provincial e alcalde de Río, Xosé Miguel Pérez, ademais do xefe territorial da Consellería de Educación en Ourense, Jorge Rubén Sampedro.

 

 

Así, non faltaban as exposicións de fotos antigas ao longo das instalacións, as actuacións de alumnos actuais ou ex alumnos como os irmáns Gutier e Javier Álvarez. Ademais non faltaba a proposta escénica de Uxía Lambona e Banda Molona e un xantar de confraternización no pavillón polideportivo.
Pola tardiña-noite, está previsto un continuando pola tarde/noite cun guateque reencontro; este último organizado pola ANPA de Manzaneda e co ritmo da Disco Móvil Ilusión.
Esta celebración estivo organizada pola CEIP Manzaneda, a ANPA, con apoio de institucións públicas e des persoas que dalgún xeito axudastes a que a data do 10 de maio marque historia de Manzaneda, segundo facía público o Concello de Manzaneda.
Fotos: Carlos G. Hervella, agás as 6 últimas que son cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button