Para algúns era a súa primeira experiencia no colexio, pero para moitos outros supoñía un reencontro cos seus compañeiros e profesores do CEIP Otero Pedrayo de Viloira (O Barco), tras meses de vacacións sen pisar as aulas. Por iso este 9 de setembro era un día moi especial.
As portas do centro abríanse e comezaban a chegar os primeiros alumnos a partir das 9:15h. nunha primeira toma de contacto para dar os primeiros pasos neste curso. Ademais, de reencontrase co mundo da aprendizaxe, non faltaban as sorpresas e así o alumnado podía desfrutar de inchables instalados no pavillón do colexio.
Fotos cedidas.