CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima horaVídeos

O CEIP Otero Pedrayo de Viloira (O Barco) homenaxea ao Orfeón Valdeorrés e ponlle o seu nome á aula da música

 

No mediodía deste 23 de febreiro vivíase unha homenaxe moi especial e emotiva no CEIP Otero Pedrayo de Viloira (O Barco). A comunidade educativa do centro rendíalle unha homenaxe ao Orfeón Valdeorrés (dirixida por José Ramón Mansilla e presidida por María Luisa Álvarez) cunha longa e exitosa traxectoria de 45 anos que era recoñecida neste acto, no que este colexio dedicía poñerlle o nome desta entidade á súa aula da música.

 

 

Unha homenaxe xustificada porque “debuxa emocións con escalas, porque acolle con cariño a coralistas, porque viaxa polo mundo emocionando con actuacións memorables e porque é unha icona da música da nosa comarca dende hai case 50 anos”, dicía a directora do CEIP Otero Pedrayo, Remedios Arias.

 

 

Tamén ao alumnado argumentaba o porque deste recoñecemento, lembrando a traxectoria do Orfeón Valdeorrés, “poñendo en valor a música de diferentes estilos e levando con orgullo o nome de Valdeorras polo mundo”, así como ás diversas colaboracións co centro, por exemplo, cando organizaba o festival de panxoliñas no Nadal. Tamén aproveitaban os escolares para agradecer a colaboración de diferentes administracións e entidades co seu colexio.

 

 

Deseguido tiña lugar unha actuación do coro de alumnos do CEIP e do Orfeón Valdeorrés. Antes de que comezase a cantar, a súa presidenta, agradecía publicamente este recoñecendo da comunidade educativa do colexio de Viloira. Despois os asistentes, entre os que había diversas autoridades e representantes da cultura valdeorresa, desfrutaban dunha petiscada.

 

 

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button