SanidadeÚltima hora

O CHUO celebra a súa primeira Semana da Resucitación Cardiopulmonar

O obxectivo e facilitar ao persoal de enfermería a súa actualización e capacitación nas técnicas de RCP levando a formación directamente ao seu propio lugar de traballo

 

O Hospital Universitario de Ourense celebra estes días a súa primeira Semana da Resucitación Cardiopulmonar, iniciativa da Unidade de Formación da Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras para facilitar ao persoal de enfermería a súa actualización e capacitación nas técnicas de RCP, e coñecemento do protocolo de emerxencias do centro, formándose directamente no seu propio lugar de traballo.

A iniciativa xurde do obxectivo de ampliar as posibilidades formativas, fora dos cursos e obradoiros que periódicamente se programan, inspirándose nos bos resultados, en canto a visibilidade e efectividade, do Día Mundial da Reanimación Cardiopulmonar, que se celebra o 16 de outubro. A idea é convertir este día mundial, en dúas semanas ao ano, unha en cada semestre para ampliar as posibilidades de participación, cun dobre propósito: formar ao persoal sanitario e visibilizar a importancia da rápida actuación ante unha parada cardíaca dentro do hospital.

Ao realizalo no propio lugar de traballo e non nunha aula, o persoal das diferentes plantas ou áreas de consultas, pode adaptar a súa aprendizaxe o seu entorno laboral, afondando os puntos clave dunha actuación no que cada segundo conta, repasando en tempo real a situación e funcionamento do equipamento e traballando en equipo, segundo o protocolo de emerxencias do Universitario de Ourense.

A responsabilidade docente recae no grupo de enfermeiras instrutoras de RCP, formado por catorce profesionais da Área Sanitaria de Ourense, ademais de persoal facultativo residente (MIR), que abordarán os seguintes contidos: identificación e alerta de paciente en parada cardiorespiratoria; Resucitación Cardiopulmonar e ventilación e por ultimo comunicación entre os integrantes do equipo.

Os talleres teñen unha duración de hora e media e, ao longo destes días percorreron, todas as unidades de hospitalización, consultas, banco de sangue, etc.. Mañá venres, día 25, será o día de testar o aprendido e “competir”, de xeito voluntario, nun concurso entre o persoal das distintas unidades, para demostrar a súa destreza e o traballo en equipo.

Artigos relacionados

Back to top button