
O Servizo de Cociña do CHUO presentou hoxe os seus tradicionais menús de nadal para os pacientes que teñen que pasar estas festas navideñas nalgunha das unidades de hospitalización do centro sanitario ourensán. Ademais este ano o Servizo de Cociña engade a posibilidade de elección, para os pacientes que así o demanden, dun menú completamente vegano.
Na presentación dos menús estiveron presentes o Xerente da Área Sanitaria, Santiago Camba Bouzas, o Xefe de Servizo de Cociña, Antonio Pazos Leiro, o Director Asistencial, Abel Pallarés Sanmartín, A Directora de Enfermaría, Josefa Rodríguez Araujo, e a Directora de Recursos Económicos, Dolores Durán Oreiro.
Como é xa unha costume nestas datas o Servizo de cociña prepara catro menús especiais do Nadal (Noiteboa, Nada, Noitevella e primeiro de ano) para os máis de 650 pacientes que terán que pasar estas datas tan especiais ingresados nas unidades de hospitalización do Hospital Universitario de Ourense. Tamén haberá menús especiais para os pacientes ingresados no Hospital Público de Verín e o Hospital Público de Valdeorras.

O Xefe de Servizo de Cociña do CHUO, Antonio Pazos Leiro, salienta que os máis dun cento de profesionais que traballan na “Cociña máis grande da provincia de Ourense” (16 cociñeiros e 86 pinches) que ofrecen normalmente menús para unhas 800 persoas cada día, pero durante as festas de Nadal a cifra redúcese a 650.
Antonio Pazos deseña os menús de nadal xunto ao equipo de Dietética e calcula que “nas unidades de hospitalización hai entre 350 e 400 pacientes que teñen habilitada a dieta basal, é dicir, unha dieta sen restricións alimentarias e que poderán degustar completamente os menús deseñados para estas festas. Para o resto, o redor de 250, haberá que adaptarlla ás súas necesidades”.
Ademais este ano o servizo de cociña e dietética incorporan a posibilidade de elección de menús veganos para todos aqueles pacientes que desexen prescindir na súa dieta de produtos de orixe animal e ofrecerlles a posibilidade de degustar nestas ceas e xantares especiais unha alternativa gastronómica ao seu gusto.