ConcellosÚltima hora

O ciclo “Adiviña Silbina”, en agosto e setembro en concellos do GDR Sil-Bibei-Navea

Imaxe dunha ruta por Vilariño de Conso na anterior edición do programa./ Cedida.

 

Dende o 20 de xullo está abertas as inscricións para o programa “Adiviña Silbina”, que se desenvolverá no territorio do GDR Sil-Bibei-Navea. Trátase dun ciclo de actividades de promoción dos valores naturais, culturais, turísticos e gastronómicos dos 10 concellos que conforman o territorio Sil Bibei Navea.

O programa inclúe rutas de Sendeirismo interpretativo e temático, xogos de SCAPE-VILA, degustación de produtos locais e moito máis para desfrutar e coñocer este extenso e rico territorio da provincia de Ourense. As actividades son de balde grazas ao patrocinio do GDR Sil-Bibei-Navea e AGADER.

 

Back to top button