DeportesHoqueiÚltima hora

O Club Hockey Barrocás, sexto no Campionato de España de Hóckey Sala celebrado en Ourense

Equipo do Club Hóckey Barrocás./ Foto cedida.

 

O Club Hóckey Barrocás remataba en 6ª posición a súa participación no Campionato de España de Hóckey Sala, celebrado en Ourense do 6 ao 8 de febreiro coa participación dos oito mellores equipos nacionais.

No partido polo 5º-6º posto, o club ourensán “caía derrotado ante o CD Málaga 91 na rolda de penaltis, logo de chegar con empate a dous no tempo de partido”, logrando finalmente o sexto posto e “mellorando o 7º da tempada anterior, e realizando un bo campionato mostrando un gran nivel ante equipos potentes”, aseguran dende o CH Barrocás.

A final disputábana dous equipos madrileños e históricos rivais, o Club de Campo e a Complutense e finalmente gañaban os xogadores da Complutense por un marcador de 4 a 5. O terceiro posto era para os cataláns do Júnior FC, que derrotaban ao Athletic Terrassa por 3 a 2.

Á entrega de trofeos e medallas acudían Manuel Pardo (delegado da Xunta en Ourense), César Fernández (vicepresidente da Deputación provincial), Anibal Pereira (concelleiro de Deportes do Concello de Ourense), Roberto Baratta (Federación Española de Hóckey) e Fran Masid (Federación Galega de Hóckey).

Back to top button