Unha decena de integrantes do Club Natación Valdeorras participaba na pasada fin de semana no Descenso a nado da Ría de Navia (Asturias), que conta cun percorrido de 5.000 metros e está considerado como unha das travesías máis importantes e representativas de Europa. Nesta edición, ademais, batían o récord con máis de 1200 nadadores.
Esta é a segunda ocasión na que este club participaba na cita. “É unha auténtica festa da natación, de deporte e amizade, gustounos moito, e témola como unha das referencias que non podemos perdernos”, explican dende esta entidade deportiva valdeorresa.
Fotos e vídeos cedidos polo Club Natación Valdeorras.
