DeportesNataciónÚltima hora

O Club Natación Valdeorras suma ata 14 podios no Campionato galego de inverno de piscina curta

 

O Club Natación Valdeorras desputaba o Campionato Galego de Inverno de piscina curta. A competición desenvolvíase os días 10 e 11 na piscina Álvaro Pino de Ponteareas. E malia que a representación valdeorresa non era moi ampla en número, lograba importantes resultados: ata catorce podios.

“Tivemos unha participación moi pequena, finalmente de 8 nadadores, xa que contamos con moitas baixas por enfermidade. Este está a ser un inverno duro, mesmo algún dos 8 que viñeron, non o fixo en boas condicións. Aínda que como sempre para os pouquiños que somos, fixérono moi ben. Como adestrador, quedo coa sensación de que practicamente todos melloraron as súas marcas persoais e conseguiron os obxectivos propostos”, resalta Jorge Espinosa.

 

 

Para o adestrador do Club Natación Valdeorras resalta “foi un gran campionato e estou moi orgulloso do que están a facer. Temos un grupo moi curioso e unido. Campionato tras campionato nótase a evolución do club. Imos na liña correcta”, explica.

E entre os numerosos podios, destaca os de Francisco Rodríguez Basanta, que conseguiu 3 ouros e un bronce na súa respectiva categoría.

 

 

Resultados do Club Natación Valdeorras no campionato

Francisco José Rodríguez Basanta +65:
– 200 estilos 1º
– 400 estilos 1º
– 200 libres 1º
– 100 costas 3º

Manuela Rodríguez Oliveira +45:
– 100 libres 1ª
– 200 libres 2ª
– 50 libres 2ª

Amparo Rodríguez de Dios +35:
– 100 bolboreta 2ª
– 400 estilos 3ª

Jorge Espinosa Mira +45:
– 100 estilos 3º
– 50 costas 2º

Carlos González Sandez +45:
– 200 costas 2º

Yolanda Vázquez González +45
– 200 estilos 2ª

María Rosa Barcala Pérez +50:
– 50 costas 3ª

Fotos: Club Natación Valdeorras.

Back to top button