O club de orientación Our-O puxo o broche final á tempada 2026 da Federación Galega de Orientación cunha brillante actuación nas probas celebradas a pasada fin de semana na área recreativa do Aguillón (A Rúa).
A xornada do sábado comezaba pola mañá coa disputa do Campionato Galego de MTB-O de distancia media. “Esta cita marcou un fito histórico para a comarca coa participación, por primeira vez, dun deportista infantil valdeorrés na modalidade de orientación en bicicleta de montaña”, aseguran dende o club valdeorrés. Trátase do mozo Izan Balboa Calvo que asinou unha salientable estrea ao lograr la 3ª posición na categoría M-15.

Pola tarde tiña lugar a 6ª e última proba da liga Galega de Sprint. Os orientadores enfrontáronse a un esixente percorrido (mestura de parque e urbano) e de velocidade que culminaba nun técnico labirinto final, onde a concentración tras o esforzo físico” resultou decisiva para completar con éxito os últimos controis”.
Os resultados máis destacados dos representantes do Our-O na prueba de Sprint foron catro primeiros postos para: María Agudo Calvelo (F-18); Mayra Martínez García (F-21); Izan Balboa Calvo (M-12); e Brais Rodríguez Cruz (M-16). Jesús Rodríguez León era segundo en (M-21) e Emma Agudo Calvelo cuarta en Iniciación curta.

Coa celebración desta última proba na Rúa dáse por concluída oficialmente a tempada federada de orientación en Galicia, “consolidando a progresión dos deportistas do Our-O tanto nas modalidades a pé como sobre rodas”, aseguran orgullosos dende o club.

Fotos cedidas.